lunes, 30 de enero de 2012

A POMBA DA PAZ.

Os nenos e nenas de tres anos nas sesións de plástica fan unha pomba con motivo do día da paz. Así a fixeron.

CONCURSO. QUE É UN REI PARA TI?

Por quinto ano consecutivo, a nosa escola participa no Concurso Nacional Que é un rei para ti. Este ano os nenos e nenas de sexto curso, quento e cuarto de educación primaria traballaron nas súas casas e en colaboración da súa familia. Aquí tedes o resultado dos traballos presentados. GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

PINTAMOS A ENTADA DA NOSA ESCOLA.

Os nenos e nenas de primaria, como verdadeiros artistas decoraron as paredes da entrada da nosa escola. Gustavos?. A nós si.

miércoles, 11 de enero de 2012

III CERTAME ARTE POSTAL.

Por terceiro ano consecutivo, a nosa escola participou no Concurso de Arte Postal promovido pola Concellalía de Educación do Concello de Vigo. Tódolos nenos e nenas de Educación Primaria, e como parte da programación didáctica da área de expresión artística realizan un debuxo, que este ano tiña como tema

"O mar de Vigo"

O obxectivo do concurso era incentivar a creación artística e valorar a importancia da creatividade.

O traballo do alumnado foi excelente, polo que calquera debuxo tiña opcións de ser gañador. So serían 12 os nenos e nenas seleccionados entre todas as escolas que se presentaron, e tivemos a sorte que un deles foi da alumna do primeiro curso de educación primaria

INGRID CAAMAÑO TUBÍO.

Aquí tedes o seu traballo.



O pasado xoves día 5, a Concellalía de Educación convocou a nosa alumna a un acto de entrega de premios.








O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou esa mañá 12 galardóns a outros tanto nenos e nenas de Vigo gañadores, nun encontro no que amosou a súa satisfacción. Logo de felicitar a gañadores e familiares, agradeceu aos profesores o esforzo e o traballo que desenvolven. Este ano participaron 914 estudantes de 36 colexios, polo que é un mérito para a nosa escola contar cunha gañadora.

No acto de entrega de diplomas estiveron presentes, ademáis das familias, o coordinador do programa, Mingos Teixeira, e a concelleira de Educación, Raquel Díaz.

Noraboa Ingrid!!! e grazas tamén á túa familia pola colaboración mostrada.

Pero a cousa non quedou ahí, entrevistaronna uns periodistas e saiu na tele ese mesmo día, e tamén no xornal. Aquí tedes a entrevista.

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=qTXaHnW8j0M

Que vos parece?

miércoles, 4 de enero de 2012

CONCURSO, ¿QUE ES UN REY PARA TI?

Tal e como fixemos nos últimos catro cursos, este ano tamén participaremos no Concurso Nacional ¿Qué é un rey para ti?.
Este concurso está indicado para os nenos e nenas de terceiro, cuarto, quinto e sexto curso de educación primaria, entre outros. Este ano pediuse a colaboración familiar, polo que o traballo debe ser realizado polas familias no periodo vacacional. Espero que vos esmerasedes no traballo. A mestra.

O CURSO PASADO TIVEMOS DOUS FINALISTAS:
XOAN LUCAS RODRÍGUEZ GARRIDO E MIGUEL MARTÍNEZ NOVOA.
AQUÍ TEDES OS SEUS TRABALLOS.