viernes, 20 de abril de 2012

PREMIOS AUTOCOLANTES DÍA DO LIBRO 2012.

O día de onte foi un día moi democrático no CEIP VIRXE DO ROCÍO. Os nenos e nenas de Educación Infantil 5 anos e tódolos de Primaria votaron o debuxo que máis lles gustou. Este foi o resultado.

PREMIOS DIA LIBRO 12 - ANGELA NOVOA BLANCO

Gañador e polo tanto primeiro premio, Miguel Martínez  Novoa. 6º E.P. con  41 votos.
Subcampiona, e polo tanto segundo premio, Lucía Comesaña Carballo. 6º E.P. con 21 votos.
Terceiro premio, Angela Martínez Novoa, 2º E.P. con 16 votos.

PARABÉNS A TODOS !!!!!!

jueves, 19 de abril de 2012

UN CONTO DE AMOR.

Dentro do noso MAR DE EMOCIÓNS os nenos de 2º de Educación Primaria interpretan no seguinte video unha historia de amor cantada que se titula "O crocodilo namórase".

¡¡¡Disfrutádea!!!

miércoles, 18 de abril de 2012

COÑECE MUSEOS.

Grazas a colaboración dunha mamá podemos acceder a estas presentacións que nos dan a coñecer dous dos museos máis importantes do noso país. Disfrutade e gozade deles. Grazas María.
En  Madrid contamos con importantes pinacotecas, as cales constitúen unha das principais atraccións turísicas da cidade. Tres dos principais museos atópanse no chamado triángulo do arte: o Museo do Prado, O Museo Thyssen-Bornemisza e o Museo Raíña Sofía.
O MUSEO DO PRADO.

O Museo do Prado (oficialmente Museo Nacional del Prado) situado en Madrid, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de obras de Velázquez, Goya, Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, Van Dyck ou El Bosco, entre outros. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de 7.800 que ten no seu inventario.
Tamén é destacable a súa colección de escultura grega e romana que proven das coleccións reais españolas e de sitios como Pompeia.




O MUSEO THYSSEN.
O Museo Thyssen-Bornemisza ofrece aos visitantes un panorama da arte do século 13 ao século 20. Nos case mil obras en exposición, os visitantes poden contemplar os principais periodos e escolas pictóricas da arte occidental, como o Renacemento, Maneirismo, o Romanticismo barroco, rococó, ea arte dos séculos 19 e 20 ata a Pop Art O museo tamén posúe obras dalgúns movementos non representadas en coleccións estatais, como o impresionismo, o Fauvismo, o expresionismo alemán e os experimentais movementos de vangarda de principios do século 20. Ademais, posúe unha importante colección de pintura do século 19 americano non atopados en calquera outras institucións museológicas europeas.
Ademais da súa perspectiva panorámica, a colección abrigada no Museo Thyssen-Bornemisza tamén ofrécenos un reflexo dos gustos e preferencias das dúas persoas responsables, sobre todo, para a súa existencia, o barón Heinrich Thyssen-Bornemisza (1875-1947) e Barón Hans Heinrich Thyssen -Bornemisza (1921-2002). Ben verso na tradición artística Central Europeo, os dous homes mostraron unha predilección especial para retratos e paisaxes. Isto é evidente nas obras do Museo Thyssen-Bornemisza, en contraste coa predominio de cadros relixiosos e históricos atopados noutros museos españois. En 2004, a Colección Carmen Thyssen-Bornemisza foi levado para o Museo, engadindo máis de 200 obras que completan o representación de estilos e xéneros xa presentes na colección permanente.


                                                                   Preme na imaxe

domingo, 15 de abril de 2012

viernes, 13 de abril de 2012

CONCURSO DE DEBUXO DE AUTOCOLANTES.

Aquí podedes ver tódolos traballos presentados. 
Cando te presentes a un concurso debes ler detidamente as bases, debes esforzarte por facelo o mellor posible,
e debes procurar que a presentación sexa a adecuada.
A vindeira semana poderedes votar aos oito mellores, previamente seleccionados polo profesorado.
Lembra:
  • No autocolante debía aparecer DÍA DO LIBRO 2012.
  • Debe estar escrito en lingua galega.
  • O teu nome debe estar na parte traseira do debuxo.
  • Non podes ter faltas ortográficas.
  • A presentación debe ser limpa e clara, non se admiten tachóns, borróns, manchas de comida,...
  • Debe estar ben coloreado. As cousas feitas ás presas non quedan bonitas.
  • Todo traballo feito con cariño e ilusión sae ben. 
  • E lembra, cando o debuxo está ben perfilado luce moito máis.
A participación no concurso foi elevada, aínda que algúns autocolantes foron descalificados.
 Son  chulos?
 Ide escollendo o voso favorito!!!!