miércoles, 12 de diciembre de 2012

TEMPO DE NADAL

Chegadas estas datas, comeza o momento de decorar a nosa escola de Nadal. Comezabamos decorando os cristais de algún corredor e dalgunha aula e continuamos facendo unha árbore de Nadal moi colorista. Sabedes onde está?. Esperamos que xa o atoparades. De tódolos xeitos e para os máis despistados, aquí vai unha foto. Quedou precioso.
Na aula de plástica estivemos a facer uns debuxos para o CONCURSO ANUAL de POSTAIS de NADAL. Os debuxos mostran a creatividade de cada nen@. A preselección foi difícil para os mestres encargados e agora chega o proceso democrático. Tódolos nen@s votarán polos tres debuxos que máis lle gustan correspondientes aos ciclos educativos nos que non están matriculados. Dezaseis son os debuxos elexidos, catro por nivel. Estos son os afortunados. NORABOA RAPACES!. TODOS SODES GAÑADORES.



 Mañá coñeceremos os catro nenos e nenas que terán a honra de ser os máis votados e que os seus debuxos servirán para felicitar o Nadal ás familias da nosa comunidade educativa. Por outra banda, nas aulas estase a traballar arreo no CALENDARIO ANUAL que recibiredes como agasallo navideño, BOUZAS, 12 MESES, 12 LUGARES. E... xa iredes descubrindo todo o que estamos a traballar para coñecer a vila de BOUZAS . De pronto, GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NA DECORACIÓN DAS CUNCHAS E ESTRELAS. O NOSO CABALEIRO DAS CUNCHAS XA ESTÁ ENGALANADO. 


domingo, 9 de diciembre de 2012

LUGARES DE BOUZAS.

Continuamos a traballar no noso proxecto anual "BOUZAS", polo que imos traballar diversos lugares significativos da vila onde se atopa situada a nosa escola. Tódolos nenos e nenas de primaria fixemos a nosa representación, con algún destes debuxos as profes farán a portada do noso calendario anual. Que vos parece?

domingo, 11 de noviembre de 2012

CELEBRAMOS AS FESTAS DO OUTONO.

MAGOSTO E SAMAÍN, SAMAÍN E MAGOSTO son as festas tradicionais que teñen máis pulo no outono. Traballamos arreo para ter unha decoración da escola o máis bonita posible. Foi un traballo colaborativo, no que tódolos nenos e nenas de educación primaria colaboraron. Os máis cativos participaron coas súas familias e as celebracións foron todo un éxito.
ASÍ DE GUAPIÑA QUEDOU A RAIÑA DA FESTA.
ESTA É MOITO MÁIS GUAPA.

PORLLE A ROUPA FOI COMPLICADO.
ASÍ FOI COMO QUEDOU.

SE NON PUIDICHES ASISTIR Á FESTA, AQUÍ TES UNHA MOSTRA DO QUE ALÍ ACONTECEU.
OBRADOIROS DIVERSOS:
  • TRAGACASTAÑAS
  • CASTAÑA-CULLER
  • A RUTA DAS CASTAÑAS
  • A BILARDA
  • OS PEÓNS
  • CARREIRA DE SACOS.

domingo, 28 de octubre de 2012

EXPOSICIÓN FESTAS DO OUTONO

Benqueridas familias, chegado o tempo do outono temos que celebrar as festas máis reseñadas. Adicaremos un tempo especial ao SAMAÍN, e dende logo ao tempo de MAGOSTO. Tampouco podemos esquencernos das paisaxes típicas do outono, polo que imos montar dúas exposicións. Diante da porta de Dirección, teremos a exposición de FROITOS DO OUTONO e diante da BIBLIOTECA o noso recuncho adicado ao SAMAÍN. Aquí podedes ver como van os preparativos. Agora estamos á espera dos cabazos e das cestas de froita. GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR.

martes, 23 de octubre de 2012

DE PASEO POR BOUZAS.

Comezamos a nosa andadura pola vila de Bouzas. Imos a ambientarnos un pouquiño para debuxar o que máis nos chame a atención do barrio onde se atopa a nosa escola. Espero que vos guste.

lunes, 15 de octubre de 2012

OS NENOS E NENAS DEBUXAN O COLE NOVO.

O nome da nosa escola é o Rocío, que provén do termo O Resío que foi o nome co que se coñeceu durante séculos a este barrio (antes aldea) situado entre a parroquia viguesa de Coia e a de Bouzas, no que se atopa a nosa escola.