miércoles, 24 de noviembre de 2010

POR FIN!, ARRANCAN AS OBRAS.

Este mércores 24 de novembro pasará á historia do noso centro escolar, A Xunta inicia mañá mesmo as obras é prevé que o novo recinto esté listo para o vindeiro curso escolar.

Tras varios anos de peticions, reclamacions y movilizacions hoxe firmaronse as actas que indican que as obras están iniciadas. Esta mañá tivo lugar o acto de replanteo despois de que o Concello aprobase no día de onte o acordo para o desaloxo da vivenda destinada ao porteiro vixilante.
A Xunta invertirá mais de dous millons de euros para realizar a reforma.

lunes, 22 de noviembre de 2010

HOXE, ATOPAMOS AS PORTAS PECHADAS CON SILICONA.

Sendo ás 8h da mañá, a gardería matinal non puido ser aberta, a escola atopábase con tódalas pechaduras con silicona polo que non se puido entrar no edificio escolar. Avisouse á Policía Local, a cal levantou atestado e deu parte ao Parque de Bombeiros, que viñeron provistos das ferramentas necesarias para cortar os candados e permitirnos a entrada á nosa escola. Ás 10h, puidemos entrar rodeados de basura que fora botada no hall de entrada. Un feito deplorable que esperemos non volva a producirse. Cadaquén e libre de ir a unha folga, pero os nenos e nenas non poden ter a súa saúde en risco.

domingo, 21 de noviembre de 2010

ONTE, 20 DE NOVEMBRO,CELEBROUSE O DÍA INTERNACIONAL DO NENO.

Onte, 20 de novembro  celebrarase o Día Internacional dos Dereitos do neno. Foi no ano 1954 cando a ONU recomendou que se establecese en tódolos países o Día Universal do neno. 
O Día Internacional do Neno, instaurouno a ONU co fin de recordar que un neno non é só un ser fráxil que necesita protección, senón tamén unha persoa e que ten o dereito a ser educado, coidado e protexido independentemente do lugar onde nacera. Pero tamén un  neno ten dereito a divertirse, a aprender a expresarse. Todos os nenos teñen o dereito a ir á escola, a recibir coidados médicos, e a limentarse para garantir un desenvolvemento en todos os aspectos.
VÍDEO SACADO DO BLOG del CEIP SAN TESIFÓN

martes, 16 de noviembre de 2010

A VOZ DO ROCÍO

Así soaban as nosas voces

CONCENTRACIÓN NA PORTA DO CONCELLO.

As movilizacións seguen o seu curso. Dado o mutismo do Concello tanto coa Dirección do Centro Educativo, como coa ANPA, os pais e nais da escola non poden esperar máis e esta mañá quedaron concentrados na porta do Concello  ás 9:30, para reivindicar a necesidade de comezar as obras de construcción da nova escola. Para que isto sexa posible é mester o desaloxo e paralelamente o realoxo do porteiro vixilante, polo que pídese celeridade ás autoridades competentes encabezadas polo Xefe do servizo de Educación, a Concelleira e o Sr. Alcalde.
Mentras moitos membros da Comunidade Educativa se concentraban na Praza do Rei, a Sr. Concelleira, Dna. Laura López Atrio apareceu repentinamente na escola para falar cos dirixentes da ANPA, o que fixo que se retrasasen no lugar de emprazamento.



lunes, 15 de noviembre de 2010

VOLVE A VISITARNOS O XEFE TERRITORIAL DON CESAR PÉREZ ARES.

Con motivo das movilizacións que se están a levar a cabo na nosa escola, o Xefe do Departamento Territorial da provincia de Pontevedra, volveu a visitar as nosas instalacións para mostrarnos o seu apoio.

domingo, 14 de noviembre de 2010

A MAL TEMPO BOA CARA. CELEBRAMOS O MAGOSTO.

A tradicional festa do Magosto celebrouse o pasado venres día 12. Ao longo da mañá fixéronse diferentes obradoiros en cada un dos ciclos educativos, para rematar cun obradoiro común de lectura compartida.





O conto a traballar foi O APALPADOR. Mentras tiveron lugar estos obradoiros, un grupo de pais e nais colaboradores utilizaron o asador para facer as castañas, axudados indudablemente pola nosa CASTAÑEIRA.

Paralelamente fíxose unha fogueira, tal e como se facían tradicionalmente.

Despois... FESTA

COMEZAN AS MOVILIZACIÓNS.

Non se pode esperar máis tempo. Ante a falta de comunicación do Concello de Vigo e a preocupación da Consellería de Educación pola ocupación da vivenda escolar, dende a Anpa e sempre baixo o apoio da Dirección, os pais e nais, acudiron á escola o pasado xoves día 11 para facer pancartas que indiquen aos distintos estamentos o descontento de tódala Comunidade Educativa . 




Posteriormente, o venres 12 de 9 a 9:30, os pais e nais, mestres e mestras, alumnos e alumnas   fixemos unha concentración ante as portas da escola para exisir unha solución inmediata ao Concello para realoxar ao Porteiro-Vixilante. 


miércoles, 10 de noviembre de 2010

PROBLEMAS PARA O COMEZO DA DEMOLICIÓN DA NOSA ESCOLA.

La reforma del Virxe do Rocío sigue paralizada por el desacuerdo con el conserje para realojarlo Xunta y dirección del centro critican que el vigilante "ya tenía que estar desalojado"

POLO SAN MARTIÑO, CASTAÑEIRA NO CAMIÑO.

A pasada semana, na clase de plástica os nenos e nenas do primeiro ciclo fixeron unha CASTAÑEIRA. Utilizaron bolsas plásticas e papel de xornal. Os nenos de terceiro a vestiron e... aquí tedes o resultado.
Parecevos guapa?... Moi guapa non é, pero... INVITAVOS A TODOS  O PRÓXIMO VENRES DÍA 12 AO TRADICIONAL MAGOSTO.