lunes, 22 de noviembre de 2010

HOXE, ATOPAMOS AS PORTAS PECHADAS CON SILICONA.

Sendo ás 8h da mañá, a gardería matinal non puido ser aberta, a escola atopábase con tódalas pechaduras con silicona polo que non se puido entrar no edificio escolar. Avisouse á Policía Local, a cal levantou atestado e deu parte ao Parque de Bombeiros, que viñeron provistos das ferramentas necesarias para cortar os candados e permitirnos a entrada á nosa escola. Ás 10h, puidemos entrar rodeados de basura que fora botada no hall de entrada. Un feito deplorable que esperemos non volva a producirse. Cadaquén e libre de ir a unha folga, pero os nenos e nenas non poden ter a súa saúde en risco.