sábado, 19 de noviembre de 2011

O MEDO NA AULA DE PLÁSTICA.

Rematou o mes de outubro, celebrouse o MAGOSTO e nel aproveitamos para queimar todolos nosos medos. Durante todo este tempo estivemos a traballar a emoción do MEDO. Debuxamos o noso medo, falamos del e explicamos cando sentimos medo. Uns sentían medo na escuridade ou da escuridade, outros cando estaban sos, outros tiñan medo a algún animal como perros, serpes, arañas e algúns outros teñen medo ás treboadas.
Traballamos a expresión do medo a través do noso corpo, na música e na pintura. Fixemos na escola coa vosa colaboración un MAR DE MEDOS.
EIQUÍ TEDES UN EXEMPLO DALGÚN TRABALLO LEVADO A CABO NA AULA DE PLÁSTICA. Espero que vos guste.


Angela Novoa Blanco

A CASTAÑEIRA.

O personaxe principal da festa do magosto é a CASTAÑEIRA. Elaboramos a castañeira entre todos. Comezamos polos máis cativos, os nenos e nenas de 4º de educación infantil. Traballamos coas mans, facemos boliñas de papel de xornal e enchemos unha bolsa de basura para darlle forma ao seu corpo. Puxémonos todos a careta e descubrimos que é como un boneco, polo que ningún neno ou nena chorará por ver a señora castañeira a pesares de ser tan fea. Logo os nenos e nenas do terceiro curso de educación primaria fixeronlle as pernas e a vestiron. Pareceuvos chula?. Ata o vindeiro curso non a poderemos volver a saudar.

PINTANDO O MAGOSTO.

Na aula de plástica, levamos un par de semanas preparando a festa do Magosto. Entre as cousas importantes a facer están os murais que decorarán a festa. Traballamos nesta tarefa os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclo. Esperamos que vos guste.