Rematou o mes de outubro, celebrouse o MAGOSTO e nel aproveitamos para queimar todolos nosos medos. Durante todo este tempo estivemos a traballar a emoción do MEDO. Debuxamos o noso medo, falamos del e explicamos cando sentimos medo. Uns sentían medo na escuridade ou da escuridade, outros cando estaban sos, outros tiñan medo a algún animal como perros, serpes, arañas e algúns outros teñen medo ás treboadas.
Traballamos a expresión do medo a través do noso corpo, na música e na pintura. Fixemos na escola coa vosa colaboración un MAR DE MEDOS.
EIQUÍ TEDES UN EXEMPLO DALGÚN TRABALLO LEVADO A CABO NA AULA DE PLÁSTICA. Espero que vos guste.
Angela Novoa Blanco
Xa estivemos a ver o novo blogue de plástica.
ResponderEliminarÁs rapazas encántalles mostrarnos todo o que fan no cole. Así que gracias por todas as actividades que facedes cos nenos e por publicar as fotos, vídeos e demáis nos blogues correspondientes.
É un luxo ver como os nosos nenos disfrutan no cole!!!! Graciñas