martes, 27 de marzo de 2012

ROSQUILLAS DE ANÍS, ROSQUILLAS DE AMOR.

Como actividade final de trimestre, realizamos un obradoiro de cociña. Tendo en conta que non temos recursos materiais suficientes para facer Roscons de Pascua, decidimos facer Rosquillas de anis que denominamos rosquillas de amor para dar por finalizado o mes do amor.


RECEITA:

  • Tres ovos.
  • Catro culleradas de auga.
  • Catro culleradas de aceite.
  • Catro culleradas de azucre.
  • Un sobre de fermento en po, tipo Royal.
  • Esencia de anís.
  • Fariña.
Se queredes ver como traballamos e gozamos co obradoiro visionade a seguinte presentación.











viernes, 23 de marzo de 2012

CONCURSO ,QUE É UN REI PARA TI?




Por quinto ano consecutivo temos dous finalistas no concurso 
Que é un rei para ti?. 
Son dous os traballos seleccionados polo FIES para representar ao noso centro en Santiago na fase autonómica do Concurso pero todos e cada un de vos, merecíades estar alí. 
Unha forte felicitación aos alumnos seleccionados e...
 SORTE
 na selección do gañador que estará representando á  nosa Comunidade en Madrid.

NORABOA!!!!
JULIO MOGIO MONROY5º EP








                                                                         



MIGUEL MARTÍNEZ NOVOA 6º EP



 







jueves, 22 de marzo de 2012

O NOVO HORTO ESCOLAR.

Un curso máis, o alumnado de educación primaria, dentro da programación de plástica, ponse mans á obra e traballa na horta escolar. A pasada semana limpamos e preparamos as rodas e ao longo desta semana plantaremos cebolas, tomates, repolos, amorodos, pementos, ... Aquí podedes ver que ben o pasamos.