miércoles, 19 de diciembre de 2012

A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN ARTÍSTICA.

A EDUCACIÓN ARTÍSTICA TEN QUE ESTAR  PRESENTE EN TODO O SISTEMA EDUCATIVO
 
 
Un grupo de mestres  fixeron este estupendo  videoclip para reivindicar a importancia das ensinanzas artísticas  na educación.
Ademais, estes mestres queren transmitirnos o que pensan da nosa situación actual. " No os dejéis llevar por la indefensión aprendida; tenemos la obligación moral de enseñar a nuestros alumnos con el ejemplo, para que no sean borregos que se traguen todo lo que les echen".
 
Tedes máis información no seu blog:
 
http://masartistica.blogspot.com.es/
 
 

ENTRADA TOMADA DO CEIP.RIA DE VIGO.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

TEMPO DE NADAL

Chegadas estas datas, comeza o momento de decorar a nosa escola de Nadal. Comezabamos decorando os cristais de algún corredor e dalgunha aula e continuamos facendo unha árbore de Nadal moi colorista. Sabedes onde está?. Esperamos que xa o atoparades. De tódolos xeitos e para os máis despistados, aquí vai unha foto. Quedou precioso.
Na aula de plástica estivemos a facer uns debuxos para o CONCURSO ANUAL de POSTAIS de NADAL. Os debuxos mostran a creatividade de cada nen@. A preselección foi difícil para os mestres encargados e agora chega o proceso democrático. Tódolos nen@s votarán polos tres debuxos que máis lle gustan correspondientes aos ciclos educativos nos que non están matriculados. Dezaseis son os debuxos elexidos, catro por nivel. Estos son os afortunados. NORABOA RAPACES!. TODOS SODES GAÑADORES.



 Mañá coñeceremos os catro nenos e nenas que terán a honra de ser os máis votados e que os seus debuxos servirán para felicitar o Nadal ás familias da nosa comunidade educativa. Por outra banda, nas aulas estase a traballar arreo no CALENDARIO ANUAL que recibiredes como agasallo navideño, BOUZAS, 12 MESES, 12 LUGARES. E... xa iredes descubrindo todo o que estamos a traballar para coñecer a vila de BOUZAS . De pronto, GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NA DECORACIÓN DAS CUNCHAS E ESTRELAS. O NOSO CABALEIRO DAS CUNCHAS XA ESTÁ ENGALANADO. 


domingo, 9 de diciembre de 2012

LUGARES DE BOUZAS.

Continuamos a traballar no noso proxecto anual "BOUZAS", polo que imos traballar diversos lugares significativos da vila onde se atopa situada a nosa escola. Tódolos nenos e nenas de primaria fixemos a nosa representación, con algún destes debuxos as profes farán a portada do noso calendario anual. Que vos parece?