miércoles, 12 de diciembre de 2012

TEMPO DE NADAL

Chegadas estas datas, comeza o momento de decorar a nosa escola de Nadal. Comezabamos decorando os cristais de algún corredor e dalgunha aula e continuamos facendo unha árbore de Nadal moi colorista. Sabedes onde está?. Esperamos que xa o atoparades. De tódolos xeitos e para os máis despistados, aquí vai unha foto. Quedou precioso.
Na aula de plástica estivemos a facer uns debuxos para o CONCURSO ANUAL de POSTAIS de NADAL. Os debuxos mostran a creatividade de cada nen@. A preselección foi difícil para os mestres encargados e agora chega o proceso democrático. Tódolos nen@s votarán polos tres debuxos que máis lle gustan correspondientes aos ciclos educativos nos que non están matriculados. Dezaseis son os debuxos elexidos, catro por nivel. Estos son os afortunados. NORABOA RAPACES!. TODOS SODES GAÑADORES.



 Mañá coñeceremos os catro nenos e nenas que terán a honra de ser os máis votados e que os seus debuxos servirán para felicitar o Nadal ás familias da nosa comunidade educativa. Por outra banda, nas aulas estase a traballar arreo no CALENDARIO ANUAL que recibiredes como agasallo navideño, BOUZAS, 12 MESES, 12 LUGARES. E... xa iredes descubrindo todo o que estamos a traballar para coñecer a vila de BOUZAS . De pronto, GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NA DECORACIÓN DAS CUNCHAS E ESTRELAS. O NOSO CABALEIRO DAS CUNCHAS XA ESTÁ ENGALANADO. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario