martes, 26 de febrero de 2013

TRABALLAMOS COMO VIOLETA MONREAL

Os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclo de educacion primaria terán a sorte de poder gozar coa gran ilustradora e autora de relatos Violeta Monreal.
Espero que poidades ver en directo, como das súas mans saen unha gran cantidade de obras artísticas utilizando a súa gran destreza e imaxinación. 
Violeta Monreal, naceu en Oviedo, licenciouse en Belas Artes e escomezou a súa carreira como ilustradora. Viaxou a Nueva York onde colaborou coa  ONU na ilustración de varios proxectos. Dende entón se publican constantemente libros coas súas imáxes nas principais editoriais españolas.

domingo, 10 de febrero de 2013

DECORAMOS A ESCOLA. VIOLETA MONREAL.

Como o vindeiro 28 de febreiro visitará a nosa escola Violeta Monreal, decidimos traballar coas nosas mans e aprender a debuxar con elas sen utilizar nada máis que as nosas mans e papel. Quedounos a escola moi bonita, que vos parece a vos?

ENTROIDO 2013

Un ano máis levamos a cabo na nosa escola a celebración do ENTROIDO. Durante máis de tres semanas estivemos traballando "a todo tren" para poder deseñar os disfraces cos que os nosos alumnos e alumnas desfilaron o pasado venres.

  • O Meco mecón, deu ordes ao longo de toda a semana, e fíxo que todos e todas lle obedeceramos.
  • Tivemos OBRADOIROS DE ORELLAS E FILLOAS. A totalidade do alumnado de educación primaria gozou dun taller de cociña na sesión de expresión plástica esta semana. Pasáronno fenomenal.






OBRADOIRO DE FILLOAS.


  • Desfilamos ata a Alameda de Suarez Llanos. Ao chegar comimos pan con chocolate para recuperar forzas.GRAZAS QUIQUE POR ACOMPAÑARNOS COA MEGAFONÍA, ESTABAS GUAPÍSIMO CON ESE DISFRACE.

OS MÁIS PEQUENOS DISFRAZARONSE DE BOUCENSES, ERAN OS OESTRYNMIOS.

 




OS DE CATRO ANOS ERAN OS POLBOS DO MAR DE BOUZAS.









OS DE CINCO ANOS ÍAN DE FOGUETES, LEMBRANDO AOS TRADICIONAIS FOGOS DE BOUZAS.






OS DE PRIMEIRO ERAN OS FALUCHOS.






OS DE SEGUNDO CABALEIROS DAS CUNCHAS.





OS DE TERCEIRO REPRESENTABAN AOS TRABALLADORES DO MAR: REDEIRAS E MARIÑEIROS.





OS DE CUARTO, MEDUSAS.








OS DE QUINTO MÚSICOS DA BANDA O SON DE BOUZAS.



E OS DE SEXTO, PIRATAS DE BOUZAS.







Grazas á POLICÍA MUNICIPAL por acompañarnos no traxecto, aos pais e nais colaboradores.
  • Xa de volta na escola fixemos o xuizo do Meco. Colaboraron os nenos e nenas do 6º curso de Educación Primaria. Estiveron fenomenais.

  • Finalmente, degustamos orellas, filloas, flores,... productos típicos da nosa terra. GRAZAS PAIS E NAIS COLABORADORES.