domingo, 10 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Un ano máis levamos a cabo na nosa escola a celebración do ENTROIDO. Durante máis de tres semanas estivemos traballando "a todo tren" para poder deseñar os disfraces cos que os nosos alumnos e alumnas desfilaron o pasado venres.

  • O Meco mecón, deu ordes ao longo de toda a semana, e fíxo que todos e todas lle obedeceramos.
  • Tivemos OBRADOIROS DE ORELLAS E FILLOAS. A totalidade do alumnado de educación primaria gozou dun taller de cociña na sesión de expresión plástica esta semana. Pasáronno fenomenal.






OBRADOIRO DE FILLOAS.


  • Desfilamos ata a Alameda de Suarez Llanos. Ao chegar comimos pan con chocolate para recuperar forzas.GRAZAS QUIQUE POR ACOMPAÑARNOS COA MEGAFONÍA, ESTABAS GUAPÍSIMO CON ESE DISFRACE.

OS MÁIS PEQUENOS DISFRAZARONSE DE BOUCENSES, ERAN OS OESTRYNMIOS.

 




OS DE CATRO ANOS ERAN OS POLBOS DO MAR DE BOUZAS.









OS DE CINCO ANOS ÍAN DE FOGUETES, LEMBRANDO AOS TRADICIONAIS FOGOS DE BOUZAS.






OS DE PRIMEIRO ERAN OS FALUCHOS.






OS DE SEGUNDO CABALEIROS DAS CUNCHAS.





OS DE TERCEIRO REPRESENTABAN AOS TRABALLADORES DO MAR: REDEIRAS E MARIÑEIROS.





OS DE CUARTO, MEDUSAS.








OS DE QUINTO MÚSICOS DA BANDA O SON DE BOUZAS.



E OS DE SEXTO, PIRATAS DE BOUZAS.







Grazas á POLICÍA MUNICIPAL por acompañarnos no traxecto, aos pais e nais colaboradores.
  • Xa de volta na escola fixemos o xuizo do Meco. Colaboraron os nenos e nenas do 6º curso de Educación Primaria. Estiveron fenomenais.

  • Finalmente, degustamos orellas, filloas, flores,... productos típicos da nosa terra. GRAZAS PAIS E NAIS COLABORADORES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario