Todos os alumnos e alumnas de educación primaria da nosa escola, celebraron dúas xornadas de clase en contacto directo coa natureza, coincidindo case en tempo coa celebración do DÍA DA ÁRBORE.
Dende a escola pensamos que é unha boa maneira de que os alumnos e alumnas aprecien a natureza que lles rodea na nosa cidade, e en concreto na súa escola, é participando activamente na plantación.
Coa construcción da nosa escola perderonse tódalas árbores froiteiras existentes, polo que mans á obra, comezamos a facer as divisións no terreo no que temos que facer a plantación.
Plantamos oito árbores( un limoeiro, un peral, unha maceira, unha cerdeira, un granado, un fatoneiro, unha ameixeira e unha árbore que da kakis). Tamén plantamos oito arbustos, e comezamos a preparar uns bancales nos que xa plantamos, amorodos, pementos, tomates, leitugas, ... Na entrada principal replantamos céspede e colaboramos coa replantación da Avenida de Castelao. Esta actividade consistiu en desplazarse ata o Pabillon de Coia onde íamos plantar en grupos de tres distintas especies de árbores. Como a climatoloxía non nos acompañou, dentro do pabillón se ultimaron os preparativos para simular a mesma. Nenos e nenas de outras escolas da contorna tamén participaban neste proxecto. Os nenos e nenas acompañados polos seus mestres escoitaron as explicacións que nos deu a coordinadora do proxecto, e ao Alcalde que convidou aos nenos a coidar, protexer a masa arbórea que nos rocea. Esta xornada rematou co agasallo dun camelio a cada alumn@, unha pá para cada aula como recordo da participación no programa e a degustación dun chocolate quente. Cando mellore o tempo, prometen convidarnos a facer a verdadeira plantación. De non ser así, nos xa fixemos a nosa na escola.

No hay comentarios:
Publicar un comentario