viernes, 29 de noviembre de 2013

O outono de Arcimboldo.

Arcimboldo foi un pintor italiana que creou orixinais cadros e retratos nos que empregaba elementos recollidos da natureza tales como froitas, verduras, flores e legumes.
A actividade xorde como un PROXECTO dentro do Plan Anual de Centro GALICIA 365. Na nosa terra no outono temos moitas festas que ensalzan elementos da natureza, polo que este pintor permítenos traballar moitas facetas do mesmo. 
Coñecimos a orixe deste pintor, onde naceu, cando,.. e logo propuxemonos imitar o xeito de pintar deste gran artista,  coa obra "El Otoño".


Pois mans á obra. O primeiro que fixemos foi fixarnos a posición do corpo no retrato. Non é un retrato de fronte, senón de perfil. Sacámonos fotos no corredor da escola e unha vez impresas as nosas fotografías,  comezamos a debuxar cabazas, laranxas, mazás, uvas, castañas, noces,.. Non  foi  unha tarea sinxela, pero... despois de moitas sesións de traballo o acadamos  elaborar o noso propio cadro, imitando a Arcimboldo.

Papis e mamis, contade as follas que están arredor do cadro. Son moitas?, son poucas?, pois tivemos que, entre todos; colorealas e recortalas. Non foi nada sinxelo, pois aínda nos custa moito utilizar as tesoiras. A profe Ángela, díxonos que na casa podemos recortar, pero que temos que coller ben as tesoiras, non serve collelas de calquera xeito. Debemos facelo como ela nos explicou, queredes que volo conte? .
Esperamos que gocedes co noso traballo, nos estamos moi satisfeitos. Estamos contentísimos co noso traballo e quedounos unha exposición fermosa. Dentro duns días, cando chegue o tempo de Nadal, levaremos o traballo para casa e entre todos, buscaremos a parede máis axeitada para colgar a MIÑA OBRA DE ARTE.




martes, 19 de noviembre de 2013

DEBUXA O TEU COLE COS BOLECHAS.


Os Bolechas e Novagalicia Banco poñen en marcha un concurso escolar "Debuxa o teu cole" para todos os nenos e nenas galegos. Debuxa o teu cole é un concurso de debuxo para os alumnos de Infantil e Primaria. Os nenos terán que plasmar a súa visión particular do seu colexio. Con esta iniciativa quérese resaltar o papel que xoga o colexio e os valores relacionados co entorno escolar na vida dos nenos galegos. Por outro lado, preténdese fomentar a creatividade dos máis pequenos e invitalos a realizar unha actividade lúdica e divertida. 
Dende a nosa escola imos participar nesta iniciativa. Eiquí unha mostra dos traballos dos nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro curso de educación primaria.


lunes, 4 de noviembre de 2013

TEMPO DE VENDIMA.

Co comezo das clases comeza o outono, co outono chega o tempo de vendima. Os nosos rapaces comezan a traballar, facemos entre todos un mural de vendima .Quedou precioso.
Ademáis cada neno e nena debuxou un acio de uvas. Con eles fixemos un mural para decorar o corredor principal da nosa escola.