A actividade xorde como un PROXECTO dentro do Plan Anual de Centro GALICIA 365. Na nosa terra no outono temos moitas festas que ensalzan elementos da natureza, polo que este pintor permítenos traballar moitas facetas do mesmo.
Coñecimos a orixe deste pintor, onde naceu, cando,.. e logo propuxemonos imitar o xeito de pintar deste gran artista, coa obra "El Otoño".
Papis e mamis, contade as follas que están arredor do cadro. Son moitas?, son poucas?, pois tivemos que, entre todos; colorealas e recortalas. Non foi nada sinxelo, pois aínda nos custa moito utilizar as tesoiras. A profe Ángela, díxonos que na casa podemos recortar, pero que temos que coller ben as tesoiras, non serve collelas de calquera xeito. Debemos facelo como ela nos explicou, queredes que volo conte? .
Esperamos que gocedes co noso traballo, nos estamos moi satisfeitos. Estamos contentísimos co noso traballo e quedounos unha exposición fermosa. Dentro duns días, cando chegue o tempo de Nadal, levaremos o traballo para casa e entre todos, buscaremos a parede máis axeitada para colgar a MIÑA OBRA DE ARTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario