lunes, 27 de mayo de 2013

FINALISTA CONCURSO QUE É UN REI PARA TÍ?.

JESÚS ANDRÉS OLIVEIRA,
 alumno do sexto curso de educación primaria é un dos finalistas do 32º CONCURSO ESCOLAR 
 ¿QUÉ ES UN REY PARA TI?
 PARABÉNS!!!


PANCARTAS CORRELINGUA 2013

TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NA ACTIVIDADE 
CORRELINGUA 2013.
DESPRAZÁMONOS EN AUTOBÚS ATA O CONCELLO PARA DENDE ALÍ, CO LEMA
"O GALEGO A CHAVE DO MUNDO", 
PERCORRER AS DIFERENTES RÚAS DA NOSA CIDADE ATA CHEGAR AO PARQUE DE CASTRELOS ONDE NOS ESPERABA UNHA SABOROSA MAZÁ E UNHA ANIMACIÓN. CAMIÑAMOS POLA  NOSA LINGUA.

A NOSA HORTA MEDRA.

O pasado venres día 3 os nenos e nenas do primeiro ciclo fixeron unha visita á Fundación Sales. A visita foi moi interesante. Aquí podedes ver o que fixemos.



 


jueves, 2 de mayo de 2013

XOGAMOS A PLANTAR E SEMENTAR. APRENDEOS A PLANTAR E SEMENTAR.

Continuando co noso proxecto medioambiental, seguimos a facer a horta da nosa escola. Papás, tal e como vos contabamos  esoutro día xa distribuímos o espazo, calculamos as dimensións dos bancais, angazamos,...

Tamén plantamos árbores froiteiras, bulbos, sementes e plantas. O lugar non o tivemos que buscar, xa  que o patio da escola nolo deixa pero si que o acondicionamos. Agora xa temos auga, o que nos permite utilizar as mangueiras para regar. De tódolos xeitos ata o de agora non nos fixera moita falla pois leva chovido tanto que non era preciso o rego da horta. Agora si, coa chegada do sol e as agradables temperaturas, xa temos que facer quendas de rego. 

Parece que o emprazamento non está mal, pois a partir de media mañá xa lle dá o sol e polas tardes tamén. Xa temos unha composteira para poder estercar a horta,... é o máis importante tódalas árbores froiteiras xa teñen gromos, follas e algunha, flores.  A profe dí que agora toca o máis importante da horta OBSERVAR. Dí que temos que observar as plantas, tentar que non lles falte auga, que non lles afecte ningunha enfermidade. A verdade é que ten razón, as plantas dos amorodos xa teñen flor, e as sementes de ervellas xa xerminaron e saíron unhas pequenas plantas das sementes de xirasol. 

Agora observade o noso traballo e xa vos iremos informando da evolución da nosa horta.

miércoles, 3 de abril de 2013

REPOBOANDO A NOSA ESCOLA.


A actividade de repoboación arborea na nosa escola e na contorna é vista de diferente xeito por cada un dos nosos alumnos e  alumnas. Unha actividade moi interesante que obtivo unhas grandes...
 OBRAS DE ARTE.
 GRAZAS NENOS E NENAS POLO VOSO TRABALLO.
SODES  UNS ARTISTAS.

martes, 2 de abril de 2013

FACEMOS A NOSA HORTA.

Todos os alumnos e alumnas de educación primaria da nosa escola, celebraron dúas xornadas de clase en contacto directo coa natureza, coincidindo case en tempo coa celebración do DÍA DA ÁRBORE. Dende a escola pensamos que é unha boa maneira de que os alumnos e alumnas aprecien a natureza que lles rodea na nosa cidade, e en concreto na súa escola, é participando activamente na plantación. 






 Coa construcción da nosa escola perderonse tódalas árbores froiteiras existentes, polo que mans á obra, comezamos a facer as divisións no terreo no que temos que facer a plantación.




 Plantamos oito árbores( un limoeiro, un peral, unha maceira, unha cerdeira, un granado, un fatoneiro, unha ameixeira e unha árbore que da kakis). Tamén plantamos oito arbustos, e comezamos a preparar uns bancales nos que xa plantamos, amorodos, pementos, tomates, leitugas, ... Na entrada principal replantamos céspede e colaboramos coa replantación da Avenida de Castelao. Esta actividade consistiu en desplazarse ata o Pabillon de Coia onde íamos plantar en grupos de tres distintas especies de árbores. Como a climatoloxía non nos acompañou, dentro do pabillón se ultimaron os preparativos para simular a mesma. Nenos e nenas de outras escolas da contorna tamén participaban neste proxecto. Os nenos e nenas acompañados polos seus mestres escoitaron as explicacións que nos deu a coordinadora do proxecto, e ao Alcalde que convidou aos nenos a coidar, protexer a masa arbórea que nos rocea. Esta xornada rematou co agasallo dun camelio a cada alumn@, unha pá para cada aula como recordo da participación no programa e a degustación dun chocolate quente. Cando mellore o tempo, prometen convidarnos a facer a verdadeira plantación. De non ser así, nos xa fixemos a nosa na escola.

UN BO XEITO DE CELEBRAR A CHEGADA DA ...

PRIMAVERA.

miércoles, 20 de marzo de 2013

UN CONTO ESPECIAL.

Adaptación de Mayte Calavia con los alumnos del CEIP. El Espartidero, de Zaragoza.