Este é o blogue da aula de Plástica do CEIP. VIRXE DO ROCÍO(VIGO). Nel poderedes atopar distintas experiencias artísticas e creativas levadas a cabo na aula froito dun proxecto de traballo interdisciplinar. Proxectos sinxelos e creativos que axudarán aos nosos alumnos e alumnas a coñecer o mundo que os rodea.
lunes, 20 de septiembre de 2021
martes, 3 de marzo de 2020
lunes, 26 de noviembre de 2018
25 de Novembro
Dende a escola sumamonos a todas as iniciativas para reivindicar que se tomen medidas para eliminar a violencia de xénero dunha vez por todas. Nas aulas o alumando conmemorou esta data realizando distintas tarefas, entre as que se atopa a busca de expresións artísticas ou monumentos dedicados a mullere e reflexionar sobre o que representan.
http://hoxe.vigo.org/conecenos/c_monumentos.php?lang=cas#/
viernes, 24 de enero de 2014
martes, 7 de enero de 2014
PROXECTO GALICIA 365: VIVAMOS COMO GALEGOS.
GADIS.
Gadis e o orgullo galego.
GADIS. "Vivamos como galegos!". 2010.
GADIS. "Supergalegos" .2011
Gadis - Vivamos como galegos, New York
Vivamos como galegos, o precursor
Galicia, si, e unica (galego)
Galicia segue sendo unica (galego)
Coida Galicia - Cariño
Coida Galicia - Combarro
coida galicia - Fervenza
VIVAMOS COMO GALEGOS 2012. SAIREMOS COMO GALEGOS.
VIVAMOS COMO GALEGOS 2013.Anuncio Gadis: Se chove, que chova!
ESTRELA GALICIA 2013.
viernes, 29 de noviembre de 2013
O outono de Arcimboldo.
Arcimboldo foi un pintor italiana que creou orixinais cadros e retratos nos que empregaba elementos recollidos da natureza tales como froitas, verduras, flores e legumes.
A actividade xorde como un PROXECTO dentro do Plan Anual de Centro GALICIA 365. Na nosa terra no outono temos moitas festas que ensalzan elementos da natureza, polo que este pintor permítenos traballar moitas facetas do mesmo.
Coñecimos a orixe deste pintor, onde naceu, cando,.. e logo propuxemonos imitar o xeito de pintar deste gran artista, coa obra "El Otoño".
Pois mans á obra. O primeiro que fixemos foi fixarnos a posición do corpo no retrato. Non é un retrato de fronte, senón de perfil. Sacámonos fotos no corredor da escola e unha vez impresas as nosas fotografías, comezamos a debuxar cabazas, laranxas, mazás, uvas, castañas, noces,.. Non foi unha tarea sinxela, pero... despois de moitas sesións de traballo o acadamos elaborar o noso propio cadro, imitando a Arcimboldo.
Papis e mamis, contade as follas que están arredor do cadro. Son moitas?, son poucas?, pois tivemos que, entre todos; colorealas e recortalas. Non foi nada sinxelo, pois aínda nos custa moito utilizar as tesoiras. A profe Ángela, díxonos que na casa podemos recortar, pero que temos que coller ben as tesoiras, non serve collelas de calquera xeito. Debemos facelo como ela nos explicou, queredes que volo conte? .
Esperamos que gocedes co noso traballo, nos estamos moi satisfeitos. Estamos contentísimos co noso traballo e quedounos unha exposición fermosa. Dentro duns días, cando chegue o tempo de Nadal, levaremos o traballo para casa e entre todos, buscaremos a parede máis axeitada para colgar a MIÑA OBRA DE ARTE.
A actividade xorde como un PROXECTO dentro do Plan Anual de Centro GALICIA 365. Na nosa terra no outono temos moitas festas que ensalzan elementos da natureza, polo que este pintor permítenos traballar moitas facetas do mesmo.
Coñecimos a orixe deste pintor, onde naceu, cando,.. e logo propuxemonos imitar o xeito de pintar deste gran artista, coa obra "El Otoño".
Papis e mamis, contade as follas que están arredor do cadro. Son moitas?, son poucas?, pois tivemos que, entre todos; colorealas e recortalas. Non foi nada sinxelo, pois aínda nos custa moito utilizar as tesoiras. A profe Ángela, díxonos que na casa podemos recortar, pero que temos que coller ben as tesoiras, non serve collelas de calquera xeito. Debemos facelo como ela nos explicou, queredes que volo conte? .
Esperamos que gocedes co noso traballo, nos estamos moi satisfeitos. Estamos contentísimos co noso traballo e quedounos unha exposición fermosa. Dentro duns días, cando chegue o tempo de Nadal, levaremos o traballo para casa e entre todos, buscaremos a parede máis axeitada para colgar a MIÑA OBRA DE ARTE.
martes, 19 de noviembre de 2013
DEBUXA O TEU COLE COS BOLECHAS.
Os Bolechas e Novagalicia Banco poñen en marcha un concurso escolar "Debuxa o teu cole" para todos os nenos e nenas galegos. Debuxa o teu cole é un concurso de debuxo
para os alumnos de Infantil e Primaria. Os nenos terán que plasmar a súa
visión particular do seu colexio. Con esta iniciativa quérese resaltar o
papel que xoga o colexio e os valores relacionados co entorno escolar
na vida dos nenos galegos. Por outro lado, preténdese fomentar a
creatividade dos máis pequenos e invitalos a realizar unha actividade
lúdica e divertida.
Dende a nosa escola imos participar nesta iniciativa. Eiquí unha mostra dos traballos dos nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro curso de educación primaria.
lunes, 4 de noviembre de 2013
TEMPO DE VENDIMA.
Co comezo das clases comeza o outono, co outono chega o tempo de vendima. Os nosos rapaces comezan a traballar, facemos entre todos un mural de vendima .Quedou precioso.
Ademáis cada neno e nena debuxou un acio de uvas. Con eles fixemos un mural para decorar o corredor principal da nosa escola.
Ademáis cada neno e nena debuxou un acio de uvas. Con eles fixemos un mural para decorar o corredor principal da nosa escola.
jueves, 24 de octubre de 2013
lunes, 26 de agosto de 2013
GALICIA
España entre el cielo y la Tierra - Galicia, donde da la vuelta el aire
XOGAMOS COAS PROVINCIAS.
MÁIS XOGOS DAS PROVINCIAS
MÁIS
GALICIA FÍSICA EN XOGOS.
lunes, 27 de mayo de 2013
FINALISTA CONCURSO QUE É UN REI PARA TÍ?.
JESÚS ANDRÉS OLIVEIRA,
alumno do sexto curso de educación primaria é un dos finalistas do
32º CONCURSO ESCOLAR
¿QUÉ ES UN REY PARA TI?
PARABÉNS!!!
PANCARTAS CORRELINGUA 2013
TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NA ACTIVIDADE
CORRELINGUA 2013.
DESPRAZÁMONOS EN AUTOBÚS ATA O CONCELLO PARA DENDE ALÍ, CO LEMA
"O GALEGO A CHAVE DO MUNDO",
PERCORRER AS DIFERENTES RÚAS DA NOSA CIDADE ATA CHEGAR AO PARQUE DE CASTRELOS ONDE NOS ESPERABA UNHA SABOROSA MAZÁ E UNHA ANIMACIÓN. CAMIÑAMOS POLA NOSA LINGUA.
A NOSA HORTA MEDRA.
O pasado venres día 3 os nenos e nenas do primeiro ciclo fixeron unha visita á Fundación Sales. A visita foi moi interesante. Aquí podedes ver o que fixemos.
jueves, 2 de mayo de 2013
XOGAMOS A PLANTAR E SEMENTAR. APRENDEOS A PLANTAR E SEMENTAR.
Continuando co noso proxecto medioambiental, seguimos a facer a horta da nosa escola. Papás, tal e como vos contabamos esoutro día xa distribuímos o espazo, calculamos as dimensións dos bancais, angazamos,...
Tamén plantamos árbores froiteiras, bulbos, sementes e plantas. O lugar non o tivemos que buscar, xa que o patio da escola nolo deixa pero si que o acondicionamos. Agora xa temos auga, o que nos permite utilizar as mangueiras para regar. De tódolos xeitos ata o de agora non nos fixera moita falla pois leva chovido tanto que non era preciso o rego da horta. Agora si, coa chegada do sol e as agradables temperaturas, xa temos que facer quendas de rego.
Parece que o emprazamento non está mal, pois a partir de media mañá xa lle dá o sol e polas tardes tamén. Xa temos unha composteira para poder estercar a horta,... é o máis importante tódalas árbores froiteiras xa teñen gromos, follas e algunha, flores. A profe dí que agora toca o máis importante da horta OBSERVAR. Dí que temos que observar as plantas, tentar que non lles falte auga, que non lles afecte ningunha enfermidade. A verdade é que ten razón, as plantas dos amorodos xa teñen flor, e as sementes de ervellas xa xerminaron e saíron unhas pequenas plantas das sementes de xirasol.
Agora observade o noso traballo e xa vos iremos informando da evolución da nosa horta.
miércoles, 3 de abril de 2013
REPOBOANDO A NOSA ESCOLA.
A actividade de repoboación arborea na nosa escola e na contorna é vista de diferente xeito por cada un dos nosos alumnos e alumnas. Unha actividade moi interesante que obtivo unhas grandes...
OBRAS DE ARTE.
GRAZAS NENOS E NENAS POLO VOSO TRABALLO.
SODES UNS ARTISTAS.
martes, 2 de abril de 2013
FACEMOS A NOSA HORTA.
Todos os alumnos e alumnas de educación primaria da nosa escola, celebraron dúas xornadas de clase en contacto directo coa natureza, coincidindo case en tempo coa celebración do DÍA DA ÁRBORE.
Dende a escola pensamos que é unha boa maneira de que os alumnos e alumnas aprecien a natureza que lles rodea na nosa cidade, e en concreto na súa escola, é participando activamente na plantación.
Coa construcción da nosa escola perderonse tódalas árbores froiteiras existentes, polo que mans á obra, comezamos a facer as divisións no terreo no que temos que facer a plantación.
Plantamos oito árbores( un limoeiro, un peral, unha maceira, unha cerdeira, un granado, un fatoneiro, unha ameixeira e unha árbore que da kakis). Tamén plantamos oito arbustos, e comezamos a preparar uns bancales nos que xa plantamos, amorodos, pementos, tomates, leitugas, ... Na entrada principal replantamos céspede e colaboramos coa replantación da Avenida de Castelao. Esta actividade consistiu en desplazarse ata o Pabillon de Coia onde íamos plantar en grupos de tres distintas especies de árbores. Como a climatoloxía non nos acompañou, dentro do pabillón se ultimaron os preparativos para simular a mesma. Nenos e nenas de outras escolas da contorna tamén participaban neste proxecto. Os nenos e nenas acompañados polos seus mestres escoitaron as explicacións que nos deu a coordinadora do proxecto, e ao Alcalde que convidou aos nenos a coidar, protexer a masa arbórea que nos rocea. Esta xornada rematou co agasallo dun camelio a cada alumn@, unha pá para cada aula como recordo da participación no programa e a degustación dun chocolate quente. Cando mellore o tempo, prometen convidarnos a facer a verdadeira plantación. De non ser así, nos xa fixemos a nosa na escola.

UN BO XEITO DE CELEBRAR A CHEGADA DA ...
PRIMAVERA.
miércoles, 20 de marzo de 2013
UN CONTO ESPECIAL.
Adaptación de Mayte Calavia con los alumnos del CEIP. El Espartidero, de Zaragoza.
martes, 26 de febrero de 2013
TRABALLAMOS COMO VIOLETA MONREAL
Os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclo de educacion primaria terán a sorte de poder gozar coa gran ilustradora e autora de relatos Violeta Monreal.
Espero que poidades ver en directo, como das súas mans saen unha gran cantidade de obras artísticas utilizando a súa gran destreza e imaxinación.
Espero que poidades ver en directo, como das súas mans saen unha gran cantidade de obras artísticas utilizando a súa gran destreza e imaxinación.
Violeta Monreal, naceu en Oviedo, licenciouse en Belas Artes e escomezou a súa carreira como ilustradora. Viaxou a Nueva York onde colaborou coa ONU na
ilustración de varios proxectos. Dende entón se publican
constantemente libros coas súas imáxes nas principais editoriais españolas.
domingo, 10 de febrero de 2013
DECORAMOS A ESCOLA. VIOLETA MONREAL.
Como o vindeiro 28 de febreiro visitará a nosa escola Violeta Monreal, decidimos traballar coas nosas mans e aprender a debuxar con elas sen utilizar nada máis que as nosas mans e papel. Quedounos a escola moi bonita, que vos parece a vos?
ENTROIDO 2013
Un ano máis levamos a cabo na nosa escola a celebración do
ENTROIDO. Durante máis de tres semanas estivemos traballando "a todo
tren" para poder deseñar os disfraces cos que os nosos alumnos e alumnas
desfilaron o pasado venres.
- O Meco mecón, deu ordes ao longo de toda a semana, e fíxo que todos e todas lle obedeceramos.
- Tivemos OBRADOIROS DE ORELLAS E FILLOAS. A totalidade do alumnado de educación primaria gozou dun taller de cociña na sesión de expresión plástica esta semana. Pasáronno fenomenal.
OBRADOIRO DE FILLOAS.
- Desfilamos ata a Alameda de Suarez Llanos. Ao chegar comimos pan con chocolate para recuperar forzas.GRAZAS QUIQUE POR ACOMPAÑARNOS COA MEGAFONÍA, ESTABAS GUAPÍSIMO CON ESE DISFRACE.
OS MÁIS PEQUENOS DISFRAZARONSE DE BOUCENSES, ERAN OS OESTRYNMIOS.
OS DE CATRO ANOS ERAN OS POLBOS DO MAR DE BOUZAS.
OS DE CINCO ANOS ÍAN DE FOGUETES, LEMBRANDO AOS TRADICIONAIS FOGOS DE BOUZAS.
OS DE PRIMEIRO ERAN OS FALUCHOS.
OS DE SEGUNDO CABALEIROS DAS CUNCHAS.
OS DE TERCEIRO REPRESENTABAN AOS TRABALLADORES DO MAR: REDEIRAS E MARIÑEIROS.
OS DE CUARTO, MEDUSAS.
OS DE QUINTO MÚSICOS DA BANDA O SON DE BOUZAS.
E OS DE SEXTO, PIRATAS DE BOUZAS.
Grazas á POLICÍA MUNICIPAL por acompañarnos no traxecto, aos pais e nais colaboradores.
- Xa de volta na escola fixemos o xuizo do Meco. Colaboraron os nenos e nenas do 6º curso de Educación Primaria. Estiveron fenomenais.
- Finalmente, degustamos orellas, filloas, flores,... productos típicos da nosa terra. GRAZAS PAIS E NAIS COLABORADORES.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)